Un encontro único que reunirá a especialistas internacionais para reflexionar sobre o presente e o futuro das infraestruturas verdes nas cidades. A través de relatorios e mesas de diálogo, presentaranse proxectos innovadores de renaturalización urbana, resiliencia climática e transformación sostible do espazo público en contextos como Río de Janeiro, Lima, Pontevedra ou o norte de Portugal.
A xornada incluirá a inauguración do proxecto RedeVerde, sesións temáticas con profesionais do urbanismo, arquitectura e medio ambiente, así como un espazo para o intercambio de coñecemento e conclusións finais sobre os retos ecolóxicos das cidades contemporáneas.